HomeVigoPazos de BorbénO concello de Pazos de Borbén nega deficiencias no control sanitario da...

O concello de Pazos de Borbén nega deficiencias no control sanitario da auga

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde asegura que se realizaron todos os controles pero non se puideron comunicar en tempo e forma por un problema informático
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, saíu ao paso esta mañá das acusacións da oposición sobre o control sanitario da auga municipal para tranquilizar aos veciños indicando que “todos os controis levaron a cabo e a calidade da auga estivo sempre garantida e baixo control. Os resultados son públicos e calquera veciño pode comprobalos”.
  • Así, Iglesias acusou o portavoz da oposición, Luciano Otero, de falsear a información coa intención de “provocar o medo e o pánico entre os veciños cando é o primeiro que sabe que todas as análises están correctos e que o único problema foi que non se puideron subir correctamente á plataforma electrónica”.
  • Por último, o alcalde quixo desmentir que a oposición tivese que esperar para poder acceder á información sobre o expediente aberto polo Servizo de Sáude Pública da Consellería. “Trátase de información accesible para todos os membros da corporación, e eles poden comprobala sen ningún tipo de trabas administrativas, de forma telemática. Non pode haber máis transparencia”, concluíu o rexedor.

Publicacións Relacionadas