HomeOurenseO Concello publica a listaxe definitiva de cualificación das solicitudes de axudas...

O Concello publica a listaxe definitiva de cualificación das solicitudes de axudas para libros e comedores escolares

- Anuncio -spot_img

De acordo coas bases da convocatoria, o Concello de Ourense publica desde hoxe o decreto número 2022008968, que aproba a listaxe definitiva de cualificación dos expedientes de solicitudes de axudas para a compra de libros de texto, material escolar e comedores escolares para o curso 2022/2023.

A listaxe pódese consultar durante o prazo dun mes en:

Rúa Bispo Carrascosa número 8, baixo.

No taboleiro de edictos do Concello de Ourense.

Na páxina web do Concello

As persoas beneficiarias terán un prazo de 10 días para aceptar ou rexeitar a subvención; de non producirse manifestación expresa entenderase aceptada tacitamente

Toda a información en:

https://sede.ourense.gob.es/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=150885773

Modificación de crédito

Paralelamente, o goberno municipal está a preparar unha proposta de modificación de crédito coa finalidade de eliminar as listas de agarda nestas axudas.

Publicacións Relacionadas