HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre o xoves 29 o prazo de inscrición...

O concello de Nigrán abre o xoves 29 o prazo de inscrición para participar no Día Internacional das Persoas Maioes

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán organiza unha andaina desde o Camiño do Codaval (Priegue) ata o miradoiro do ‘Pericoto de Vilar’ (Camos) o sábado 1 de outubro. Rematará con rosca e se plantarán catro árbores conmemorativos

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este sábado 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina desde o Camiño do Codaval (Priegue) ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e posterior merenda e plantación de catro árbores conmemorativos: un acivro, un castiñeiro, unha sobreira e un madroño. Para participar será preciso inscribirse previamente o xoves 29 de setembro de 10:00 a 12:00 horas no teléfono 986365000 e poderá asistir todo o núcleo familiar.

As persoas inscritas previamente deberán presentarse ás 10:00 horas do 1 de outubro no Camiño Codaval para realizar a andaina pola pista forestal das Medoñas ata o pericoto. Trátase dunha camiñata de dificultade baixa.

Publicacións Relacionadas