HomeTabeirósA EstradaA Xunta aproba inicialmente a ampliación do polígono industrial de Toedo tras...

A Xunta aproba inicialmente a ampliación do polígono industrial de Toedo tras superar os trámites ambientais

- Anuncio -spot_img

o O alcalde da Estrada, José López, celebra os avances neste proceso que permitirá “solucionar a falta de solo empresarial e conlevará a xeración de emprego e riqueza no noso municipio”

O alcalde da Estrada, José López, avanzou esta mañá que a ampliación do polígono industrial de Toedo, incluída na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, atópase en fase de aprobación inicial por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo logo de superar os trámites de avaliación ambiental.

O rexedor local celebrou os avances neste proceso, que permitirá aumentar a superficie do polígono empresarial de Toedo en 160.000 metros cadrados, e que reflicte “o claro compromiso do goberno local co tecido productivo estradense”. López engadiu que ante “o despegue empresarial” que está a experimentar a zona nos últimos anos, con varias firmas asentándose no terreo do polígono estradense, estas actuacións permitirán “solucionar a falta de solo empresarial e conlevarán a xeración de emprego e riqueza no noso municipio”.

Ademais desta actuación, o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia tamén incorpora a modificación do ámbito da Cidade do Moble para facer viable a súa construción.

Na actualidade, este documento atópase en fase de exposición pública e poderanse presentar alegacións durante dous meses. Unha vez aprobado definitivamente, coa conseguinte conversión do solo rústico a solo urbanizable industrial, será integrado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e permitirá desenvolver logo os trámites para a urbanización desas zonas.

Publicacións Relacionadas