HomePontevedraO CondadoO pleno da corporación aproba o acordo de cooperación para a realización...

O pleno da corporación aproba o acordo de cooperación para a realización das obras de humanización da Fortaleza de Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

O pasado luns 26 de setembro o Grupo de Goberno levou ao Pleno da Corporación a aprobación do acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de Humanización da Fortaleza de Salvaterra. Unha obra de máis de 600.000€ que se executará entre o ano 2022 e o ano 2023.

As obras a realizar encóntranse dentro do proxecto de Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño 3ª fase e que pretenden acondicionar o ámbito das rúas, mediante a pavimentación de lousas de pedra, canalización subterránea das infraestruturas e alumeado público. Acondicionar o ámbito da praza da Oliva, substituír o actual asfalto por un pavimento de terra na inmediación da porta de entrada.

Con estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto, revitalizando o seu uso residencial, plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos atractivos turísticos do municipio

Publicacións Relacionadas