HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor abre vías de cooperación da Deputación co Colexio Oficial de...

Luis Menor abre vías de cooperación da Deputación co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, “un colectivo tan importante para o medio rural da provincia”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación á directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, que representa a preto de 270 colexiados na provincia, coa fin de abrir, establecer e reforzar vías de cooperación da institución provincial para a visibilización deste colectivo profesional, “tan importante para o medio rural e fundamental para o desenvolvemento do sector primario, tan importante nesta provincia”, destacou Menor.

Ademáis de colaborar na visibilización das funcións deste colectivo profesional, a Deputación tamén estudiará unha proposta sobre a creación dunha aplicación no ámbito vitivinícola, un “caderno de campo”, promovida por este colexio oficial e que está sendo apoiada con ofertas de carácter privado. Outra das vías de cooperación acordadas foi a posibilidade de que recén titulados en Enxeñería Técnica Agrícola desenvolvan as súas prácticas nos centros de traballo da institución provincial.

Á reunión de traballo asistiron o presidente do colexio oficial, Manuel Rojo López, así como o secretario Miguel Angel Viso e a tesoreira, Gloria Bernárdez.

Publicacións Relacionadas