HomeA CoruñaA CoruñaFabiola García informa os maiores da residencia El Pilar, de Bergondo sobre...

Fabiola García informa os maiores da residencia El Pilar, de Bergondo sobre as novidades do Bono Residencia

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá os maiores da residencia El Pilar, de Bergondo, onde os informou sobre as novidades do Bono Residencia. Durante o encontro, tamén se interesou sobre as súas preocupacións para seguir ideando melloras que atendan as súas necesidades reais.

A conselleira apuntou que o obxectivo do Goberno galego é poñer á disposición das persoas maiores servizos útiles que se adapten á realidade da nosa Comunidade. Neste sentido, destacou a importancia de crear centros da máis alta calidade, nos que existan unha coordinación sociosanitaria ao tempo que se fomenta a sensación de fogar para os usuarios.

Publicacións Relacionadas