Será o vindeiro sábado pola tarde no Pazo de Mos
ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, informa da convocatoria da súa vindeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA por acordo da Xunta Directiva, e en cumprimento dos Estatutos da Asociación.
Convócase a todos os socios e socias á mesma, aos que se roga máxima participación pola trascendencia da convocatoria.
Esta Asemblea Xeral celebrarase o vindeiro sábado 6 de abril ás 17h en primeira convocatoria e ás 17.30h en segunda convocatoria, no auditorio do Pazo de Mos, co seguinte ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, si procede da acta do exercicio anterior
- Memoria do exercicio, ano 2023
- Aprobación, se procede, do estado de contas do exercicio, ano 2023
- Aprobación, si procede, do plan de actividades, para o ano 2024
- Aprobación, se procede, dos Orzamentos para o ano 2024
- Notificación da incorporación, a Xunta directiva, de un vocal
- Rogos e preguntas




