HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,4 millóns de...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 1,4 millóns de € para impulsar investimentos, afrontar gasto corrente e contratar a 34 persoas en oito concellos

- Anuncio -spot_img

Os novos recursos beneficiarán aos concellos de Baiona, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Nigrán, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,4 millóns de euros para que 8 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 34 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Baiona, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Nigrán, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas. O presidente provincial, Luis López, explicou que “en só tres meses de ano, con estes recursos son xa máis de 15,7 millóns os aprobados ao abeiro deste plan para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 910.000 euros para catro concellos: A Estrada, Cerdedo-Cotobade, O Porriño e Salceda de Caselas. Desta maneira, A Estrada recibirá 600.000 € para a pavimentación de vías rurais; O Porriño 124.820 para a pavimentación en camiños de Mantelle, Vacaría, A Chan, O Casal e Cerquido, Budiño, e Cerdedo-Cotobade contará con 110.469 € para a pavimentación do acceso A Revolta. Ademais, Salceda de Caselas recibirá 73.352 € para a terceira fase da mellora das instalacións técnicas das piscinas municipais, unha obra que será financiada ao 100% con fondos provinciais, xa que aos recursos do +Provincia súmanse outros 66.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 280.000 euros para os concellos de Baiona, Nigrán e Redondela. En concreto, Redondela recibe 103.422 € para o servizo de limpeza de edificios municipais e Baiona 85.877 € para gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social do concello. Ademais, a Nigrán destinaranse 92.600 euros para o Vive Nigrán (18.000 €), Solpor Monteferro (15.000 €), Nigrán Jazz (15.000 €), Parrulas Fest (7.000 €), Picnic Nigrán (6.000 €), Nigrán Blues (6.000 €), Chandefolk (6.000 €), Carlos Núñez (5.000 €), Cinema a pedal (4.000 €), o Campionato de Europa de surf adaptado (3.800 €), o Campionato do mundo de bolos celtas (3.800 €) e o Primavera Jazz (3.000 €).

Ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba esta semana 250.000 euros para a contratación de 34 persoas desempregadas nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro. En concreto, Cerdedo-Cotobade recibirá 162.028 € para contratar a 25 persoas como podadores desbrozadores motoserristas forestais (12), encofradores (5), condutores operadores de maquinaria forestal (3), pintores de vías urbanas (2), canteiro (1), condutor de camión (1) e enxeñeiro técnico forestal (1). Pola súa banda, Campo Lameiro contará con 88.669 € para contratar a 9 traballadores que desenvolverán os postos de peóns forestais (4), albaneis (2), socorristas (2) e peón de limpeza (1).

Publicacións Relacionadas