HomePontevedraO carreiro do Rollo xa está dispoñible para a veciñanza

O carreiro do Rollo xa está dispoñible para a veciñanza

- Anuncio -spot_img

O Equipo de Goberno inaugurou o espazo rodeado dos colectivos sociais e a veciñanza 

Que fermoso”, “que ben quedou”, “que cousa máis bonita” ou “non sabía que se lle podía  sacar tanto partido a este espazo” foron só algunhas das expresións que se escoitaron a pasada  noite en Salceda. A veciñanza acudiu á cita, e máis dun cento de persoas quixo arroupar ao grupo  de goberno na inauguración dun novo espazo recuperado para as persoas. A propia Alcaldesa, Loli  Castiñeira, definiu a zona como un “espazo multixeracional” onde estou segura que se van producir  moitas conversas e moitos momentos de encontro”. O Carreiro do Rollo efectivamente recolle esa  combinación nun entorno no que se mestura a tradición e a modernidade, representadas dende un  canastro ou un peche de pastas ata unha zona habilitada para cargar os móviles”.  

Lembrou a Alcaldesa que a recuperación da zona supón tamén a eliminación dun punto  negro recollido no mapa que destes puntos elaborou a Concellaría de Igualdade xa fai uns anos. O  punto negro elimínase coa creación deste espazo aberto e iluminado, que deixa de ser unha zona  escura e semiabandonada para converterse nunha nova pequena praza para a veciñanza. 

O Concelleiro de Mobilidade, Marcos Troncoso, realizou un percorrido histórico pola  importancia do camiño, que entroncaba coa Vereda Real Tui-Salceda-Ponteareas, e que comunicaba  tamén co Porriño polo barrio de Altamira. Coa apertura dos novos viais, o carreiro foi quedando en  desuso, e nos últimos anos presentaba un aspecto demasiado deteriorado. “O espazo hoxe presenta  unha cara moito máis amable e fermosa, e ademais estamos ante unha obra que ven a recuperar  parte da historia do noso Concello”, dixo o Concelleiro en referencia ao “rolo xurisdiccional” que  todo apunta a que lle dá nome á actual rúa do Rollo e que estaría ubicado no entorno do Carreiro. 

Tamén os redactores do proxecto, Carlos Álvarez e Suso Varela (Mun Arquitectura)  participaron no acto explicando a solución aportada para o carreiro, e lembrando que non só é unha  solución estética, senon que viu a arranxar numerosos problemas de falla de saneamento, recollida  de pluviais ou dotación de iluminación, entre outros. 

O Equipo de Goberno quixo contar coa veciñanza da zona para a descuberta da placa  conmemorativa, que quedou xa exposta no Carreiro coa frase “De lugar de axustizamento a espazo  de liberdade. Un carreiro recuperado para todos e todas”.

Publicacións Relacionadas