Ourense é xunto a Ferrol, pioneira en traballar para a incorporación desta ferramenta
O concelleiro de Urbanismo do Concello de Ourense, Francisco Lorenzo López participou esta mañá no almorzo empresarial organizado pola Asociación de Construtores de Ourense, ACO sobre a Simplificación de licenzas a través das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal, ECCOM. Ourense, xunto con Ferrol son pioneiras entre as grandes ciudades galegas en traballar para a incorporación desta ferramenta, pola que tamén está apostando a Xunta de Galicia.
O encontro, que se enmarca nos “Diálogos polo futuro da economía ourensá”, contou coa presencia de destacados expertos e autoridades do sector, como Manuel Gregorio Miranda Cadorniga, representante de ECUTECNIA en Galicia, e Ricardo Valencia Hentschel, director técnico de Solo, Edificación e Calidade do IGVS, xunto co concelleiro de Urbanismo e representantes da Asociación de Construtores de Ourense.




