HomeXunta de GaliciaUnha vintena de centros desenvolven este curso unha ópera como proxecto educativo...

Unha vintena de centros desenvolven este curso unha ópera como proxecto educativo da man do Teatro Real

- Anuncio -spot_img

— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausura a xornada que pon fin ao programa ‘LÓVA (A ópera, un vehículo de aprendizaxe)’

— Participan 469 alumnos, 53 docentes e 19 centros educativos con 21 compañías

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausurou hoxe o programa LÓVA (A ópera, un vehículo de aprendizaxe), unha iniciativa desenvolvida en colaboración co Teatro Real na que este curso participaron 469 alumnos, 53 docentes e 19 centros con 21 compañías.
A iniciativa LÓVA, que desde os seus inicios hai 16 anos suma un total de 18.000 alumnos, é un proxecto innovador que utiliza a creación e produción dunha ópera como ferramenta pedagóxica para o desenvolvemento integral do alumnado. Na súa traxectoria ten acadados recoñecementos tan relevantes como o Premio Nacional de Boas Prácticas ou boa práctica educativa pola Cátedra Unesco, entre outros.
Para Román Rodríguez, a iniciativa é unha mostra do “fortalecemento das ensinanzas artísticas, que son sinónimo de profesionalización e reforzo da nosa cultura”. O conselleiro reivindicou a súa utilidade “como parámetro da calidade de vida dun territorio”. Como sinalou, o proxecto do Teatro Real é moito máis que un simulacro de ópera: “É unha experiencia educativa que involucra o coñecemento co ocio, converténdose nunha demostración clara do poder inclusivo e plural da educación como instrumento universal de integración para o benestar individual e colectivo”, engadiu.
O vindeiro curso 2024/25, o número de participantes de LÓVA poderá seguir incrementándose, pois ábrese unha nova convocatoria para un máximo de 13 centros.

A xornada na Cidade da Cultura
O encontro que se desenvolve hoxe na Cidade da Cultura ten como finalidade visibilizar o traballo desenvolvido polas compañías dos centros educativos que participan en LÓVA. Así mesmo, con esta cita búscase o recoñecemento ao alumnado que participa nel e, por outro lado, darlle a coñecer o proxecto ao profesorado que estea interesado.

Así, os docentes poden formarse sobre LÓVA, focalizándose nas ensinanzas artísticas a través de mesas redondas sobre as súas competencias clave, o seu proceso de transformación educativa e fases para a implementación no centro, así como os elementos do currículo que participan no desenvolvemento da iniciativa. Ademais, realízanse obradoiros sobre dinámicas e retos de LÓVA, sobre composición musical a cargo do pianista Jorge Bedoya, sobre maquillaxe artística e sobre dramatización.
No caso dos estudantes, tiveron a oportunidade de participar en talleres de composición musical, perruquería, iluminación, vestiario e audiovisual, entre outros. Así mesmo, visitaron a exposición sobre o proxecto e asistiron a unha representación de óperas.

Os centros participantes son os seguintes:

ProvinciaConcelloCentro
A CoruñaAs Pontes de García RodríguezCEIP A Magdalena
A CoruñaCariñoCEIP Manuel Fraga
A CoruñaCabanasCEIP Plurilingüe Eladia Mariño
A CoruñaA CoruñaCEIP Isaac Díaz Pardo
A CoruñaA CoruñaCPR Grande Obra de Atocha
A CoruñaFerrolCEIP de Pazos
A CoruñaFerrolCPR Santa Juana de Lestonnac
A CoruñaA LarachaCEIP Ramón Otero Pedrayo
A CoruñaPontecesoIES Eduardo Pondal
A CoruñaPontedeumeCPR San José
A CoruñaSan SadurniñoCPI de San Sadurniño
PontevedraCangasCPR Eduardo Pondal
PontevedraCangasCEIP San Roque de  Darbo
PontevedraA CañizaCPI da Cañiza
PontevedraA EstradaCEIP Pérez Viondi
PontevedraPonteareasIES do Barral
PontevedraPontevedraCEIP Plurilingüe Praza de Barcelos
PontevedraTomiñoCEIP Plurilingüe de Tebra
PontevedraVigoCPR Andersen Augalonga

Publicacións Relacionadas