HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López acompaña nunha visita polo Pazo provincial aos usuarios da asociación...

Luis López acompaña nunha visita polo Pazo provincial aos usuarios da asociación Aspadeza, “un exemplo de traballo pola integración”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial a integrantes da asociación Aspadeza, un colectivo sen ánimo de lucro que traballa pola inclusión social e laboral, así como pola mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual.

O mandatario provincial acompañou o grupo formado por unhas vintecinco persoas nunha visita polas distintas estancias da sede da Deputación ao longo da cal foi explicando as distintas funcións que ten o ente provincial e o seu funcionamento. Así mesmo, o presidente respondeu todas as cuestións formuladas polos membros deste colectivo e remataron o encontro cun intercambio de agasallos.

Publicacións Relacionadas