HomeA CoruñaMáis dun cento de deportistas participarán ao longo desta semana na XIII...

Máis dun cento de deportistas participarán ao longo desta semana na XIII edición do Torneo de Waterpolo Cidade da Coruña 

- Anuncio -spot_img

O Concello colabora na organización do evento, que terá lugar nas instalacións do Sporting Club Casino, na Zapateira. Clubs galegos, rioxanos e andaluces disputarán o título ata este domingo 

Uns 120 deportistas participarán esta semana na XIII edición do Torneo de Waterpolo Cidade da Coruña, unha cita que terá lugar desde mañá e ata este domingo 25 nas instalacións do Sporting Club Casino, na Zapateira, coa colaboración do Concello. 

Sete equipos disputarán o torneo, con 45 partidos previstos durante cinco días. A maior parte dos clubs son galegos, da Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo. Á loita polo título sumaranse outros dous, procedentes de Cádiz e a localidade rioxana de Villamediana de Iregua. Os encontros terán lugar sempre en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. 

Ademais, a programación deportiva do torneo combinarase con actividades culturais e de ocio para os clubs que participan nesta cita. A este respecto, o Goberno de Inés Rey facilitou que tanto os deportistas coma as súas familias poidan visitar ao longo destes días puntos coma os Museos Científicos Coruñeses e o Castelo de San Antón, así como outros lugares de interese na cidade. 

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a relevancia deste torneo no calendario deportivo estival da cidade, e fixo fincapé na importancia de “achegar disciplinas coma o waterpolo ás xeracións máis novas, visibilizando tamén os clubs e as instalacións das que dispoñemos na cidade para a súa práctica”.

Publicacións Relacionadas