24 Edición Festa do Codillo-3 novembro:
Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos. / Entidade organizadora.
- Datos da Festa:
o Pregón ás 12 h a cargo de María Vázquez, actriz galega.
o Actuacións:
§ Airiños do Castelo da propia entidade organizadora
§ e como Grupo invitado o Rancho Folclórico de Pinheiros (Monçao, Portugal)
o Pola tarde a partir das 17:00 h XIX concurso de Serra de Troncos.
o O codillo se poderá degustar por un prezo de 12,00€ para levar e 15,00€ para comer na propia festa.
o Inclúe codillo de porco ao forno con dúas partes de codillo con arroz branco e guisantes, acompañado de salsa con toque picante e servido todo nun plato de porcelana con pan e viño ou auga.
- A festa conta coa colaboración para a súa celebración de:
o Xunta de Galicia.
o Deputación de Pontevedra.
o Concello de Mos.




