HomeA CoruñaA CoruñaInés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de ‘Cociñeiras con talento’

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro ‘Cociñeiras con talento’ de Xavier Castro. O acto celebrouse na Casa Museo Casares Quiroga e estiveron presentes, ademais da rexedora e o propio autor, o gastrónomo, colaborador radiofónico e escritor, Antonio Doce, e a cociñeira e chef do restaurante Greca Bar, Alma García. Tamén asistiron a autora do prólogo e cociñeira con estrela Michelin, Lucía Freitas, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

‘Cociñeiras con talento’ afonda na historia gastronómica galega, no papel primordial que tiveron e teñen as mulleres e no escaso recoñecemento que teñen no sector. Inés Rey lamentou que “pese a que as mulleres representan o 55% do sector da restauración só reciben recoñecementos como a estrela Michelin un 7% de restaurantes con chef feminina”. A alcaldesa destacou a importancia deste traballo para poñer en valor o papel feminino na creación dunha gastronomía como a galega, que goza dun gran prestixio a nivel mundial.

Rey tamén destacou o importante papel de cociñeiras como Lucía Freitas ou Alma García, que “impoñen e visibilizan o seu talento nun sector tan masculinizado”. Tamén destacou os pasos dados pola igualdade en congresos como o Galicia Fórum Gastronómico, que promove o Concello e no que tanto as ponencias como os talleres contan cunha alta presenza feminina.

Publicacións Relacionadas