O Concello de Ourense anuncia que presentará un recurso de suplicación perante o TSXG contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense. Esta decisión, que estima parcialmente a demanda dunha traballadora, considera que o Concello e o alcalde, Gonzalo P. Jácome, infrinxiron a normativa en materia de prevención de riscos laborais.
No entanto, o Concello non comparte esta resolución e, en consecuencia, decide interpor un recurso nos vindeiros días.
O Goberno Municipal reitera o seu compromiso coa normativa vixente e a seguridade laboral e confía en que o TSXG valore os argumentos expostos no recurso.




