HomeOurenseOurenseAs Festas de Ourense incluirán unha espectacular dobre sesión de fogos artificiais,...

As Festas de Ourense incluirán unha espectacular dobre sesión de fogos artificiais, que se lanzarán por primeira vez desde a Ponte do Milenio

- Anuncio -spot_img

O alcalde avanza que o cambio lle dará máis vistosidade e permitirá que o público dispoña unha zona de visionado máis ampla

As Festas de Ourense 2025 incluirán por primeira vez unha tirada de fogos artificiais desde a Ponte do Milenio. Será nunha dobre sesión, que se desenvolverá na noite do domingo, 22 de xuño, desde as 23.59 horas. O goberno municipal ultima os preparativos desta tradicional cita das festas da cidade, que este ano terá como novidade a elección da Ponte do Milenio, que lle dará unha maior vistosidade ao espectáculo ademais de permitir que o público dispoña dunha zona de visionado máis ampla.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, avanza que: “este ano os fogos artificiais serán especiais porque haberá dobre sesión e porque por primeira vez na historia lanzaranse desde a Ponte do Milenio. A vistosidade será moitísimo maior, xa que se aumentan as zonas de visionado para o público. Ademais, os fogos serán moito máis espectaculares xa que se lanzarán desde unha altura maior. Tamén porán en valor a Ponte do Milenio a nivel de espectáculo. Desde a súa inauguración en 2001 nunca se tiraran os fogos desde alí, e estamos seguros de que é o sitio ideal”.

O público poderá contemplar o espectáculo desde a zona do Ribeiriño, na marxe dereita do río Miño, (lugar desde o que se tiraban os fogos nos anos anteriores), ademais de desde a Ponte Vella, a contorna da Policía Local ou a rúa Pardo de Cela. Porén, non se recomenda o visionado desde a marxe esquerda do río.

O espectáculo tamén contará este ano cun patrocinador privado de publicidade.

Publicacións Relacionadas