A Xunta de Goberno Local, que terá lugar mañá xoves, día 24 de xullo, dará conta de 24 asuntos distribuídos nas seguintes áreas:
Avogacía Consistorial
Dará conta de 3 autos, e 8 sentenzas nos xulgados Contencioso administrativo núm. 2, núm. 1, polo xulgado de primeira instancia núm. 3 de Ourense e plo xulgado contencioso administrativo núm. 2 de Vigo. Tamén foi emprazado para comparecer en calidade de demandado en 3 procedementos.
Servizo de Licenzas urbanísticas de actividade, apertura e disciplina
Proxecto básico e de execución de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar; un recurso de reposición; unha caducidade de licenza para un proxecto básico de rehabilitación de baixo a vivenda e unha modificación das obras complementarias dunha urbanización.
Servizo de Planeamento, xestión urbanística e patrimonio
Reclamación por lesións sufridas por unha caída na rúa.
Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS
Primeira resolución parcial da convocatoria de subvencións Programa 1 de axudas ás actuación de rehabilitación a nivel de barrio para o Conxunto Histórico de Ourense; para O Polvorín, As Camelias, A Carballeira e para o Núcleo de interese etnográfico de Seixalbo.




