Asociación de Nenas e Nenos, Xente Nova e Adulta con Diabetes de Galicia
TEMA: Obradoiros de azucre no Concello de Soutomaior.
DATA: do 21 ao 23 de xullo
HORA: Dende as 10:00 ata as 13:30 horas
LUGAR: Multiusos de Arcade (Concello de Soutomaior)
CONTACTO: Teléfono: 696880574 644971454 644319595
Enderezo electrónico: anediagalicia@gmail.com, info@anedia.gal
Páxina web: https://anedia.gal
A Asociación ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova e Adulta con Diabetes de Galicia) realiza durante os días 21, 22 e 23 de xullo tres talleres educativos sobre o azucre nos alimentos dirixida aos nenos/as participantes no programa de actividades de verán activo do Concello de Soutomaior, no Multiusos de Arcade. A actividade desenvolverase a partir das 10:30 e está pensada para promover hábitos saudables desde a infancia, cun enfoque lúdico e participativo.
Na xornada de hoxe a Dirección Territorial de Sanidade impártelles unha charla de nutrición e lectura de etiquetaxe de alimentos e a continuación Anedia realiza un taller de azucre para que aprendan canto azucre teñen os alimentos e cal é o azucre máis san de todos os alimentos e por que.
Os talleres realizaranse durante tres días consecutivos atendendo á idade dos rapaces/as: o luns 21 de xullo é a quenda dos rapaces/as de máis de 10 anos, o martes 22 de xullo é a quenda dos nenos/as de 9 e 10 anos e rematamos o mércores día 23 cos máis pequenos do concello de 3 a 5 anos.
Os talleres están adaptados á idade dos participantes para que resulten lúdicos, atractivos e adecuados aos seus coñecementos previos, co gallo de educar aos nenos/as obre o contido de azucre nos alimentos que consomen habitualmente, fomentando hábitos alimenticios máis saudables e conscientes dende unha idade temperá. A través de xogos, dinámicas interactivas e actividades prácticas, os participantes aprenderán a identificar o azucre oculto nos alimentos procesados, a diferenciar entre azucres naturais e engadidos, e a ler etiquetas nutricionais de forma sinxela.
Os obxectivos específicos do taller son, entre outros:
Recoñecer alimentos con alto contido de azucre.
Ensinar a identificar produtos procesados con altos niveis de azucre.
Diferenciar entre azucres naturais e engadidos.
Promover eleccións alimenticias saudables.
A acción enmárcase dentro do programa municipal de lecer e tempo libre “Verán Activo” Soutomaior 2025, que ofrece alternativas de ocupación do tempo libre mediante unha ampla oferta dirixida a todos os públicos, practicando actividades que promoven os estilos de vida saudables, potencian as inquedanzas artísticas e reforzan as habilidades útiles para a vida cotiá.
“Queremos que os nenos e nenas entendan como o que comen inflúe na súa saúde, sen alarmismos, pero con información real e adaptada á súa idade”,




