Alternativa dos Veciños esixiu no pleno facer pública as previsións para a rehabilitación e reordenación da Rúa Hersa e Crego Xosé Ferreiro (antiga rúa Sanjurjo de Carricarte) anunciadas polo goberno municipal.
O gran deterioro no firme tanto da zona para o tránsito rodado, como para peóns supón un problema para a accesibilidade e mobilidade en pleno núcleo do Burgo.
O goberno comprometeuse a unha actuación sobre o pavimento antes do verán, e anunciou que haberá que esperar para unha reordenación máis integral, prevista nun futuro.
Desde Alternativa piden un compromiso serio coa actuación na zona, posto que nunca acadou a satisfacción nin do tecido empresarial nin da veciñanza e o paso dos anos non fixo máis que empeorar o descontento polo rápido deterioro do pavimento instalado.




