HomePontevedraA LamaOs cribados con Test Rápidos de antíxenos efectuados onte pola Área Sanitaria...

Os cribados con Test Rápidos de antíxenos efectuados onte pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés no Centro de Saúde de A Lama non detectaron ningún positivo por Covid 19 nesta localidade

- Anuncio -spot_img

Da convocatoria inicial a arredor de 450 persoas de 15 a 40 anos deste Concello, finalmente asistiron voluntariamente 194 persoas, o que representa unha participación do 46 por cento nesta iniciativa preventiva

Os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados onte no Concello de A Lama pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, non detectaron ningún positivo por COVID 19 nesta localidade.

Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar durante a tarde de onte, luns 8 de febreiro, no centro de saúde deste Concello. Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de A Lama dentre 15 e 40 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 450 persoas.

Da devandita convocatoria, finalmente asistiron voluntariamente ao cribado con test de antíxenos un total de 194 persoas deste Concello con esa franxa de idade, o que representa unha participación do 46 por cento nesta iniciativa preventiva.

Dous equipos de enfermaría
Para levar a cabo este cribado, o Servizo Galego de Saúde contou durante a tarde de onte luns no centro de saúde de A Lama con dous equipos de enfermaría, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Publicacións Relacionadas