HomePontevedraDomínguez solicita a creación dunha Comisión de Investigación para estudar os contratos...

Domínguez solicita a creación dunha Comisión de Investigación para estudar os contratos a familiares, amigos e cargos do Bloque Nacionalista Gallego

- Anuncio -spot_img

O presidente dos populares de Pontevedra rexistrará esta petición, que se debaterá e votará no Pleno municipal do mes de marzo: “Servirá para estudar en profundidade a orixe e elaboración destes contratos dos nacionalistas”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, avanzou este xoves que solicitará a creación dunha Comisión de Investigación co fin do “esclarecer o xénese e a elaboración” de diferentes contratos que o BNG adxudicou a familiares, amigos e cargos públicos da formación nacionalista. “Estas adxudicacións manteñen o mesmo modus operandi: contratacións menores por cantidades que permiten sortear o sacalos a concurso público ou a libre concorrencia doutras persoas ou empresas”, explicou o popular, que enmarcou esta acción na Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, artigo 64, que versa sobre a loita contra corrupción, a transparencia e a igualdade de trato de todos os candidatos.

Esta iniciativa debaterase e votará no Plano municipal do mes de marzo, e Domínguez conta ter os votos a favor de toda a Corporación: “Anabel Gulías, portavoz do BNG, dixo que nos brindaría todos os recursos existentes e alentounos a seguir investigando, e o PSOE seguro que non terá ningún problema en votar a favor desta comisión que pretende esclarecer numerosos contratos”.

Nesa comisión, os puntos para tratar serán: a necesidade dos contratos; cales son os criterios de adxudicaron seguidos en cada un deles; se se analizaron ou non polos técnicos as posibles causas de incompatibilidades que poidan existir; se se puxo en coñecemento dos técnicos a posible existencia de conflitos de intereses e se, en consecuencia, foron obxecto de estudos; quen foi o órgano de contratación en cada caso; e por último, a identificación, en caso de existir, do responsable de cada un dos contratos.

As adxudicacións que se estudarían nesta comisión son coas seguintes entidades e persoas: “Galiza Nova, Galiza Sempre, a contratación con diñeiro público das orquestras do irmán do alcalde, do compañeiro da portavoz do concello, ou do grupo onde toca o concelleiro de urbanismo, a fundación nacionalista Bautista Andrade, a número 21 das listas ao Concello do BNG, o responsable de área do Salnés do BNG ou o tenente alcalde de barro”. O popular confirmou que serán máis contratos, que irán publicando nas seguintes semanas, os que tamén se engadan a esta lista. Tanto os funcionarios como os responsables políticos destes contratos serían preguntados por estes contratos, cuxo importe ascende a máis de cen mil euros.

En resposta ao argumento do Goberno local sobre que se están primado empresas de Pontevedra nestas adxudicacións, Domínguez foi claro: “Galiza Nova ten sede en Santiago de Compostela. Galiza Sempre ten sede en Santiago de Compostela. A fundación Bautista Álvarez de ten sede en Santiago de Compostela. O Salnés non é Pontevedra. E Barro tampouco. O nexo destes contratos é o BNG”.

“Por tanto, aínda tendo a sensación de que algúns contratos poden incorrer nalgún ilícito, cremos que o seguinte paso debe ser o de estudar en profundidade non só os contratos, senón a xénese dos mesmos. Gustaríanos saber como un funcionario municipal chega á conclusión de que é importante poñer un anuncio do Concello de Pontevedra nunha revista da organización xuvenil do BNG de Santiago, ou quen decide que é bo para os pontevedreses dar paseos pola cidade en galego e pagar 20.000 euros por iso ao tenente alcalde nacionalista de Barro”, detallou o popular.

Publicacións Relacionadas