HomeA CoruñaEfectivos do GES de Brión extinguen un lume urbano nun edificio de...

Efectivos do GES de Brión extinguen un lume urbano nun edificio de catro plantas en Teo

- Anuncio -spot_img

O GES da Estrada e Protección Civil de Teo colaboraron na extinción, que so causou danos materiais no cadro de contadores do inmoble

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión extinguiron esta tarde un lume urbano nun edificio de catro plantas na travesía das Galanas 19, ao pe da estrada N-550 Milladoiro-Padrón, no municipio de Teo. Unha incidencia que se resolveu unicamente con danos materiais.

O GES de Brión recibiu ás 14:57 horas de hoxe aviso por parte da Garda Civil do Milladoiro. Ao non estar incluído Teo na área de actuación do GES brionés, realizouse unha consulta ao 112 que, diante da proximidade do grupo de Brión ao lume fronte ao da Estrada, autorizou a saída. Unha vez no lugar de Galanas comprobouse que o lume tiña orixe no cadro de contadores da comunidade de propietarios, que quedou totalmente calcinado.

No lugar xa estaban efectivos da Garda Civil do Milladoiro, Policía Local de Teo e Urxencias Médicas, se ben non foi precisa a intervención destes últimos. En primeiro lugar, procedeuse á evacuación das persoas propietarias dos dous primeiros pisos, mentres que as demais persoas permaneceron nos seus apartamentos ao ser máis seguro que baixar por unhas escaleiras cheas de fume e ter que pasar por onde estaba o lume. Unhas persoas que estiveron informadas en todo momento de como se desenvolvían os traballos de extinción do lume e aireado do edificio.

Uns traballos nos que tamén participaron efectivos do GES da Estrada e de Protección Civil de Teo, que se desprazaron tamén ata o lugar dos feitos. A incidencia quedou totalmente controlada ás 16:10 horas.

Publicacións Relacionadas