HomeA CoruñaA Xunta elimina dous puntos de vertido de augas residuais na contorna...

A Xunta elimina dous puntos de vertido de augas residuais na contorna dos ríos Callou e Maior, no concello de Bergondo

- Anuncio -spot_img

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron estes focos contaminantes nunha inspección rutineira
O persoal autonómico realizou un seguimento dos puntos, en colaboración cos técnicos do Concello, coa finalidade de emendar os focos contaminantes

A Xunta vén de eliminar dous puntos de vertido de augas residuais na contorna dos ríos Callou e Maior, no concello de Bergondo.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron estes focos contaminantes nunha inspección rutineira.

O primeiro punto localizouse no lugar da Fraga, na parroquia de Cortiñán, e correspondíase cun vertido á cuneta a través dunha condución que desaugaba as augas residuais xeradas en varias vivendas do lugar.

O segundo foco estaba situado no lugar de Armuño, na parroquia de Lubre, e tiña orixe en conexións irregulares a un colector de evacuación de augas pluviais.

O persoal de Augas de Galicia realizou un seguimento dos puntos, en colaboración cos técnicos do Concello, coa finalidade de emendar os focos contaminantes.

O Concello realizou actuacións orientadas a solucionar as carencias que provocaban estes vertidos.

Os técnicos autonómicos levaron a cabo unha nova inspección nas zonas indicadas, verificando a eliminación dos puntos de vertido tras a corrección das acometidas erróneas.

Publicacións Relacionadas