Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión colaboraron esta mañá na extinción dun lume industrial no municipio de Teo, producido nunha fábrica de rótulos ás 9:43 horas. Chegados ao lugar do lume na Bomba Urbana Lixeira, os efectivos do GES brionés sumáronse aos do GES da Estrada que, en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil de Teo, xa estaban traballando na extinción do lume.
A actuación do GES de Brión consistiu en apagar o lume e proceder a arrefriar a contorna para despois proceder a ventilar toda a instancia, que tiña unha forte carga de fume producida pola combustión dos plásticos existentes na fábrica. Só se produciron danos materiais.




