HomeA CoruñaO Sergas empezará mañá un cribado xeral entre os veciños e veciñas...

O Sergas empezará mañá un cribado xeral entre os veciños e veciñas de Miño

- Anuncio -spot_img

O cribado realizarase mediante PCR á poboación de entre 18 e 65 anos no centro de saúde, accedendo pola entrada da rúa Galea.
Será o mércores, xoves e venres pola tarde e o sábado pola mañá.
Manuel Vázquez Faraldo incide en que “ aínda que se relaxasen as restricións debemos conter a suba de casos que estamos a experimentar nos últimos días e para iso é importante respectar estritamente as medidas que marcan as autoridades sanitarias”.
O Sergas comunicou ao Concello de Miño que mañá, mércores 3 de marzo, comezará un cribado xeral entre a poboación do municipio de entre 18 e 65 anos para conter a evolución da situación epidemiolóxica no municipio.
As probas levarán a cabo mediante PCR no centro de saúde, accedendo pola entrada da rúa Galea, e será o mércores, xoves e venres pola tarde, en horario de 16 a 21 horas, e tamén o sábado pola mañá, entre as 9 e as 14 horas. Os veciños e veciñas de Miño desta franxa de idade, aproximadamente 2.796 persoas, serán citados vía SMS polo Sergas.
É importante a puntualidade para acudir á hora sinalada, e rógase non acudir se non se recibiu o SMS.
Manuel Vázquez Faraldo incide en que “ aínda que se relaxasen as restricións debemos conter a suba de casos que estamos a experimentar nos últimos días e para iso é importante respectar as medidas que marcan as autoridades sanitarias”.

Publicacións Relacionadas