O Goberno local entende que, despois de 6 meses agardando, tras acordar cos técnicos do Sergas o documento técnico, a administración autonómica debe axilizar a sinatura para proceder a licitación do proxecto e da obra
Villoslada lembra que a reforma do mercado é “unha obra prioritaria para o
Goberno local e para os veciños da Falperra”, cuxo proxecto “logrouse
desbloquear despois de tantos anos grazas á vontade de diálogo e de consenso de
Inés Rey
A Coruña, 2 de marzo de 2021.- Despois de seis meses agardando pola sinatura do
convenio do Mercado de Santa Lucía, o Goberno local valora o interese amosado
hoxe pola Xunta tras presentar uns planos municipais que xa foron presentados hai
meses á asociación de veciños. O Goberno que dirixe Inés Rey lembra que o
documento técnico xa foi acordado o pasado verán cos técnicos do Sergas, polo que
agarda que a urxencia sexa real e que se asine canto antes o convenio, que non
conta cunha partida concreta nos orzamentos do ente autonómico para este exercicio.
A Xunta de Galicia presentoulles os planos elaborados polo Concello ás veciñas e aos
veciños da contorna do Mercado de Santa Lucía, polo que o Executivo local entende
que non haberá ningunha demora para que se lle entregue de volta o documento final
do devandito pacto. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, urxe á Xunta a
que lle traslade o convenio definitivo para asinalo o antes posible, “o que permitirá que
o Concello poida licitar o devandito proxecto e a execución posterior”. Ata este
momento, aseguran, o Executivo local realizou todos os trámites necesarios para este
proxecto, que considera tan importante para as veciñas e os veciños da Falperra. A
Nota de Prensa
reforma do Mercado de Santa Lucía para convertelo nun espazo mixto é “unha obra
prioritaria para o Goberno local e para os veciños da Falperra”, cuxo proxecto
“logrouse desbloquear despois de tantos anos grazas á vontade de diálogo e de
consenso que caracteriza a Inés Rey”, apuntou Villoslada.




