HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG denuncia o estado de abandono do Paseo da Calzada co...

O PPdeG denuncia o estado de abandono do Paseo da Calzada co 50% das súas farolas fundidas e problemas de seguridade pola falla de canalización das augas pluviais e desperfectos

- Anuncio -spot_img

· Reclaman ao Concello a urxente reposición das luminarias fundidas e o arranxo das pasarelas de madeiras e a protección dos cables de varios báculos arrancados que supoñen un perigo

· Lamentan que este espazo para o lecer da veciñanza que dá acceso á primeira praia fluvial de España con Bandeira Azul se atope nesta situación tan grave de desatención

O Partido Popular de Ponte Caldelas súmase ás mostras de preocupación veciñais sobre o mal estado no que se atopa o Paseo da Calzada que dá acceso á primeira praia fluvial de España en obter o distintivo de calidade europeo da Bandeira Azul, lograda no ano 2015 durante o mandato do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez.

As queixas chegadas ao teléfono de atención cidadá do PPdeG centráronse en criticar que de 30 farolas existentes a metade estean fóra de servizo ben porque teñen unha varía ou porque foron arrancados os seus báculos. A zona máis perxudicada é precisamente a que máis luminosidade precisa e sitúase na parte final do percorrido, xunto á zona de estacionamento que agora tamén se atopa inhabilitado polo Concello ao cortar esa vía de acceso á praia fluvial por unha cadea que impide o paso de vehículos.

Os populares trasladarán ao vindeiro Pleno as queixas pola situación que presenta este emblemático paseo fluvial que ademais de ter 15 farolas inoperativas, algunha está torcida e ameza con desplomarse, algunha xa foi arrincasa e ten os cables á vista, co perigo que eso supón para calquera persoa que tropece ou mesmo algún rapaz que poida meter as mans alí e poida sufrir algún accidente indesexado. O mesmo sucede co mobiliario urbano como as papeleiras que están moi deterioradas e, de feito, algúnhas que rompen xa non se volven substituir e suprímense de xeito definitivo deixando o paseo sen este servizo.

BAIXADA PERMANENTE DE AUGAS PLUVIAIS CO RISCO DE CAÍDA PARA PERSOAS MAIORES

Un dos colectivos que máis utilizan este paseo fluvial é o da terceira idade que agora ve amenazado o seu paso pola senda ao estar atravesada por ata catro “ríos de auga” provodados pola falla dun sistema de canalización de augas pluviais ou de drenaxe que impida que os torrentes de auga ocupen grandes extensiones insorteables do paseo o que fai que moita xente desista de pasar ou, si o fai, poña en risco non so molla-los pes senón algunha que outro susto por esbaramentos indesexados.

Os populares denuncian que a falla de previsión do equipo de goberno local fixo que as últimas obras acometidas neste paseo fluvial non tivera en conta a presenza de abundantes augas pluviais e lamentan que non se tomaran as medidas oportunas para correxir este problema e instan ao Concello a adoptar solucións de inmediato para evitar que se poda producir algunha caída entre os viandantes.

Por outra banda, os concelleiros do PPdeG volverán recordarlle ao alcalde que ordene o arranxo das pasarelas de madeira que presentan serios buracos que son un auténtico perigo para as persoas que utilizan ese paseo, sobre todo, cando coincide coa chegada da noitiña e a falla de luminarias na zona que impiden que se vexa con claridade estes obstáculos que representan un grave risco para os usuarios da Calzada.

Publicacións Relacionadas