HomeA CoruñaO Concello de Miño encara a terceira fase de acondicionamento da Fraga...

O Concello de Miño encara a terceira fase de acondicionamento da Fraga do Xarío

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, recibiu hoxe ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que coñeceu de primeira man as actuacións realizadas na contorna da senda e os traballos proxectados na seguinte etapa.
O obxectivo global da actuación é conectar o traxecto, que transcorre a beiras do río Xarío, coa praia e o Camiño Inglés ao seu paso por Costa Miño.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, recibiu esta mañá ao delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, para mostrarlle o resultado dos traballos de acondicionamento na Fraga do Xarío. Á súa vez, aproveitou a visita para presentar a terceira fase do proxecto, que pretende conectar a senda que discorre a beiras do río coa praia e o Camiño Inglés ao seu paso por Costa Miño, e que conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente.
Acompañado do resto de membros da corporación municipal e dos responsables do proxecto, o rexedor explicou os avances no plan e as tarefas que se acometerán na súa próxima etapa. De igual maneira que na segunda fase, os traballos centraranse en rozar, eliminar especies invasoras e despexar un antigo traxecto que comunicaba varios muíños da zona.
O Concello de Miño solicitará ao ente autonómico unha axuda de ao redor de 30.000 euros coa que sufragar a actuación, que no seu conxunto pretende crear unha conexión peonil entre o bordo do río Xarío, o areal e o roteiro Xacobeo que proporcione servizo aos residentes e que poida resultar atractiva de fronte ao sector turístico.
Manuel Vázquez Faraldo explicou que o goberno local “ leva traballando neste proxecto desde ou ano 2019 cunha clara aposta polos espazos naturais e pola recuperación dun espazo que anteriormente se atopaba nun estado de abandono”. Agradeceu a colaboración da Xunta, “ cuxos investimentos están axudando a protexer e conservar un patrimonio natural de altísimo valor” e apostou por estender a cooperación ás próximas fases da iniciativa.

Publicacións Relacionadas