HomeA CoruñaMáis de 90 participantes de entidades locais danse cita no concurso de...

Máis de 90 participantes de entidades locais danse cita no concurso de especialización en financeamento comunitario da Fundación Galicia Europa

- Anuncio -spot_img

A directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos , inaugurou a décimo primeira edición do programa “TecEuropa” destinado, nesta ocasión, ás entidades locais galegas

Perante un amplo grupo de máis de noventa participantes provenientes das catro deputacións galegas e de máis de medio centenar concellos, a directora da oficina bruxelesa da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos Barbosa, inaugurou hoxe a décimo primeira edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, organizado pola Fundación Galicia Europa, destinado, nesta ocasión, a entidades locais galegas.

Durante a súa intervención, Ana Ramos deu a benvida aos asistentes e animounos a sacar o máximo partido desta formación para contribuír á xestión eficiente dos fondos de recuperación europeos na comunidade galega. Así mesmo, mostrou a súa satisfacción pola ampla representación de entidades locais participantes nesta edición, xa que, como indicou, a implicación de todos os niveis de goberno das administracións públicas resulta fundamental para construír o ambicioso futuro verde e dixital proposto pola Unión.

Nesta primeira e ao longo das próximas catro sesións que compoñen o programa formativo TecEuropa, os asistentes abordarán da man de especialistas comunitarios e representantes da Comisión Europea, o novo Marco Financeiro Plurianual 21-27 e o instrumento temporal de recuperación Next Generation UE desde unha perspectiva adaptada á realidade competencial local.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de dez edicións á formación de máis de 250 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.

Tras a alta demanda percibida na décima edición, que bateu cifras récord de participación, e tras escoitar as suxestións dos asistentes, o padroado da FGE e o seu director, Jesús Gamallo, acordaron na súa última reunión do ano 2020, a celebración de cinco novas edicións este ano: tres cun público específico (entes locais, empresas e ONGD) e dúas xerais destinadas a entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro. TecEuropa é a principal actividade dentro do obxectivo da FGE consistente en promover a participación galega en proxectos europeos

Publicacións Relacionadas