HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA "Facultade Ágora", avalada polos Colexios Oficiais como unha iniciativa "ambiciosa2 e...

A “Facultade Ágora”, avalada polos Colexios Oficiais como unha iniciativa “ambiciosa2 e “necesaria”

- Anuncio -spot_img

O Colexio Oficial de Arquitectura, o Colexio de Enxeñería, de Arquitectura Técnica e de Enxeñería Técnica colaborarán na promoción, difusión e asesoramento técnico

A ‘Facultade Ágora’, a iniciativa formativa lanzada pola Deputación de Pontevedra para persoal político e técnico dos concellos da provincia para recuperar espazo público, vén de ser avalada polos colexios oficiais de Arquitectura (COAG), Arquitectura técnica (COAAT), Enxeñería de Camiños, Canles e Portos (CICCP) e Enxeñería técnica de Obras Públicas (CITOP) de Galicia e definida como “ambiciosa” e “necesaria”.

O apoio dos colexios xurde tras unha reunión entre o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez e a secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan Ana Montalbán (encargada da organización do curso) con representantes das entidades. Estes amosaron o seu interese e disposición para colaborar na promoción, difusión e asesoramento técnico –o COAG ratificarao hoxe formalmente de maneira interna- e subliñaron que o plantexamento da Facultade supón un ‘plus’ á formación regrada da man de importantes figuras da enxeñería, a arquitectura e outros ámbitos. Ademais, consideraron interesante que as persoas asistentes reciban o título de ‘Tecnico/a Ágora’ tras pasar a correspondente proba de aproveitamento.

A colaboración dos colexios oficiais coa ‘Facultade Ágora’ da Deputación terá beneficios para as persoas colexiadas, cun desconto do 25% na cota de inscrición para asistir aos seminarios -que comezarán telematicamente o 9 de abril e rematarán en novembro-.

Según destacou o deputado Uxío Benítez, a ‘Facultade Ágora’ e a recuperación do espazo público suporá un nicho de traballo para o persoal técnico, xa que nestes momentos se está a extender a cultura de facer amables as ciudades para as persoas e ademais hai fondos europeos orientados a ese fin. “Os concellos van comezar a pedir proxectos que cumpran os criterios Ágora sobre o espazo público, pode haber oportunidade de traballo porque se necesitan persoas formadas e con sensibilidade”, subliñou, lembrando que a Deputación ten aberta unha convocatoria de subvencións na que financiará o 90% do custe de propostas para actuar nos municipios da provincia seguindo o modelo da mobilidade amable.

Está no horizonte da Deputación traballar para que a ‘Facultade Ágora’ teña recoñecemento homologado e, ademais, o título de ‘Técnico/a Ágora’ poida servir para aumentar puntuación nas probas de acceso e oposicións para a administración pública.

Cadro docente multidisciplinar
Uxío Benítez animou a todas as persoas vencelladas co espazo público nos concellos e tamén a profesionais libres a asistir aos cursos da ‘Facultade’ e formarse. “Queremos ter un público diverso e por iso é importante a heteroxeneidade, que o cadro docente sexa multidisciplinar, para dar unha linguaxe común tanto a representantes políticos e técnicos dos concellos nunha visión integral do que debe ser o espazo público”, explicou. De feito, a día de hoxe están confirmados relatores e relatoras do mundo da enxeñería, a arquitectura, a socioloxía, a pedagoxía, a mediciña, a fotografía, o deporte, a xeografía, a bioloxía, paisaxe e medio ambiente, entre outros ámbitos.

Algunhas das persoas xa confirmadas son Zaida Muxi, coñecida pola súa experiencia en cuestións de espazo e xénero; Francesco Tonucci, pedagogo fundador da Cidade dos Nenos’; María Ángeles Durán, Catredrática e investigadora do CSIC; o arquitecto José Fariña autor dun blog sobre pedagoxía, urbanismo e territorio; Rubén Lois, doutor en Xeografía da USC; Izaskun Chinchilla, autora de ‘La ciudad de los cuidados’; José María Ezquiaga, Premio Nacional de Arquitectura; Marta Román, experta en proxectos de mobilidade infantil e consultora en Gea21; Salvador Rueda, Director da Axencia de Eoloxía Urbana de Barcelona; e Alfonso Sanz, autor de ‘Calmar el tráfico’, entre outros, nun elenco que se pechará nas dúas próximas semanas.

Publicacións Relacionadas