HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela, tras consumir tódalas horas do SAF, pídelle á Xunta unha nova...

Cubela, tras consumir tódalas horas do SAF, pídelle á Xunta unha nova asignación para atender á totalidade dos demandantes deste servizo a domicilio

- Anuncio -spot_img

• “Síntome orgulloso e satisfeito co traballo dos Servizos Sociais municipais que fai que, a diferencia doutros, nós utilicemos tódalas horas que nos conceden polo que pediremos máis e aumentaremos os 394.000 euros anuais que destinamos ao SAF”
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, dirixiuse á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para solicitar a asignación de máis horas do Servizo de Atención no Fogar (SAF) xa que este municipio ten xa consumidas a totalidade das concedidas pola administración autonómica, unhas 24.000, grazas ás que se pode atender a demanda de medio cento de veciños e veciñas en especial situación de vulnerabilidade e adicarlle anualmente uns 394.000 euros nos seus orzamentos municipais.
Con esta solicitude de máis horas, o alcalde Jorge Cubela quere adianterse á posible demanda que se poida producir xa que ata o momento aínda que teñen máis de 50 persoas atendidas, o departamento de Servizos Sociais detecta a necesidade de incrementar o número de horas para evitar que se poida producir algunha lista de espera.
“Para nós a atención aos nosos maiores é unha prioridade que levamos aplicando desde a nosa chegada ao goberno municipal ao que fai que teñamos utilizadas ata o tope as horas que nos vén concedendo e ampliando a Xunta de Galicia. Este servizo para nós é fundamental polo Concello de Cerdedo-Cotobade que antes de que se poida producir unha lista de espera importante, agora hai dúas ou tres peticións, queremos poñerlle remedio desde xa e por eso nos diriximos á Consellería de Política Social para que nos volva a ampliar o número de horas que nos ten concedidas”, indicou o alcalde.
“FRONTE A OUTROS, CERDEDO-COTOBADE VAI DEMANDAR O MAIOR NÚMERO DE HORAS DO SAF POSIBLES PARA ATENDER A DEPENDENTES”
Por outra banda, Jorge Cubela manifestou que se sentía “moi orgulloso e satisfeito co traballo dos Servizos Sociais municipais que fai que, a diferencia doutros, nós utilicemos tódalas horas que nos conceden polo que pediremos máis e aumentaremos os 394.000 euros anuais que destinamos ao SAF nos orzamentos municipais porque entre as nosas
competencias temos a obriga de ofrecer unha atención domiciliaria a persoas con dependencias severas e que precisan da solidariedade activa da sociedade a través da administración, neste caso Concello e Xunta.
Esperemos que a nosa petición sexa concedida porque sabemos que hai algúns que non esgotan esas horas e nós podemos utilizalas para darlle a atención que precisan os nosos maiores e dependentes”.

Publicacións Relacionadas