HomePontevedraCaldasO concello de Portas mellora a eficiencia enerxética do alumeado público e...

O concello de Portas mellora a eficiencia enerxética do alumeado público e aforrará un 69,96% o seu consumo cun investimento subvencionado de 168.553 euros

- Anuncio -spot_img

Está a renovar 419 puntos de luz substituíndo as actuais luminarias por outras LEDs, máis ecolóxicas e de menor consumo e reemplanza 14 cadros de mando, 29 columnas, 3.000 metros de cableado e instala un sistema de telexestión

O Concello de Portas inviste 168.553 euros na renovación do alumeado público que permitirá a renovación de 419 puntos de luz, substituíndo as actuais luminarias por outras LEDs máis ecolóxicas e de menor consumo, reemprazar 14 cadros de mando, 29 columnas, 3.000 metros de cableado e instalar un novo sistema de telexestión grazas a unha subvención concedida polo Ministerio de Transición Ecolóxica e o IDAE.

Esta actuación non terá custe algún para as arcas municipais xa que para afrontar o custe total deste investimento, ademais da subvención do IDAE tamén se contará coa participación de fondos provintes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Nestes días procédese a realizar esta importante obra que está sendo supervisada polo alcalde, Ricardo Martínez, quen salientou a importancia e envergadura da mesma que permitirá actuar en 419 dos 1.864 puntos de luz existentes no alumeado público exterior do concello substituíndo as actuais luminarias provistas de lámparas de vapor de sodio de alta presión e haloxenuro metálico por outras LED máis eficientes e actuando en 14 dos 98 cadros de mando dos que posúe o municipio.

A intervención permite tamén substituir 14 deses cadros de mando existentes e á adaptación á normativa vixente para permitir, con esta actuación, diminuir a potencia de consumo de 59,96 kW a 22,65 kW cun aforro enerxético total estimado do 69,95%.

O alcalde, Ricardo Martínez, salientou que esta actuación enmárcase dentro do acordado dentro do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) polo que o Concello de Portas se comprometeu, desde o punto de vista medioambiental, a ir planificando iniciativas sostibles no tempo para lograr unha redución do 40% do consumo enerxético e de emisións contaminantes para o ano 2030.

Segundo Ricardo Martínez “esta importante actuación permitirá uns aforros estimados duns 172.000 kWh/ano, reduciranse as emisións de CO2 nunha cantidade de 89.55 tCO2 eq/ano e o Concello reducirá a súa factura en materia enerxética nuns 23.204 euros anuais aproximados que tamén son de agradecer”, sinalou o alcalde de Portas.

Publicacións Relacionadas