Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou á poboación vilanovense dentre 50 a 65 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada as 1.883 persoas
Os cribados poboacionais con PCR convencional efectuados en pasadas datas no Concello de Vilanova de Arousa pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron un total de catro casos positivos de COVID 19 nesta localidade cifra que representa o 0,30 por cento das mostras analizadas.
Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa dende o mércores 2 ata o pasado venres 5 de marzo de 2021.
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.348 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 71,59 por cento da convocatoria voluntaria, dado que á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega istara a participar ao colectivo poboacional de Vilanova de Arousa dentre 50 e 65 anos de idade coa súa tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.883 persoas.
Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou no Pabellón Municipal de Vilanova de Arousa con dous equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas que se efectuaron tanto a pé coma en coches e aportando información aos usuarios.




