HomeVigoBaionaBaiona solicita a Gestagua a revisión do afundimento do firme da Rúa...

Baiona solicita a Gestagua a revisión do afundimento do firme da Rúa Percibilleira

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona solicitou á empresa concesionaria do servizo da auga, Gestagua, a revisión do afundimento do firme na Rúa Percibilleira en Baiona.

As actuacións realizaranse a semana próxima, entre o marte día 9 e o mércores 10, e requirirán a interrupción do tráfico durante a duración dos traballos.

Para facilitar a circulación na zona, os vehículos que circulen pola rúa Percibilleira, terán que desviarse de forma obrigatoria polo Camiño As Fontiñas que será habilitado de dobre sentido de circulación para facilitar o tránsito dos vehículos. Os utilitarios poderán acceder ao barrio da Percibilleira entrando e saíndo por este vial ao que se accede desde a rúa Uruguai na zona dos Tendales. Aqueles que queiran acceder á zona alta do barrio tamén o poden facer desde a Rúa Virxe da Roca. ( EP 2202).

O Concello solicita desculpas polas molestias que poidan ocasionar estas actuacións, que resultan necesarias para a revisión do pavimento da rúa de acceso ao barrio da Percibilleira.

Publicacións Relacionadas