HomePontevedraDezaMireya Otero confirma que o concello contará cun novo Plan de Igualdade...

Mireya Otero confirma que o concello contará cun novo Plan de Igualdade de inmediato

- Anuncio -spot_img

• Agradece ao señor Fiuza o súa proposta

O concello de Vila de Cruces quere confirmar que xa se solicitou á Deputación de Pontevedra a subvención pertinente para a creación dun novo Plan de Igualdade.

Tras o último comunicado expresado nun medio de comunicación do portavoz do BNG, Mireya Otero responsable nesta cuestión, quere informar ao señor Fiuza e a todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces que  se mantivo o xoves pasado conversacións coa asociación Baiuca Verdescente en concreto con Flavia; como o demostran os correos electrónicos. Onde se pode comprobar que esta iniciativa xa se atopa en marcha, unha iniciativa que cren primordial desde o grupo de goberno e que conta cun orzamento preto da 6.000€.

Este tipo de afirmacións do señor Fiuza son aínda máis incribles cando é de todos coñecidos que unha das representantes da asociación á que se lle propuxo a súa redacción pertence ao grupo político do BNG, por todo isto Mireya espera que todo isto fose un mal entendido e unha falta de comunicación dentro das filas do BNG, pero reitera o seu agradecemento na presentación de propostas e iniciativas que axuden a mellorar a nosa vila.

Publicacións Relacionadas