HomeVigoNigránO concello de Nigrán retoma o reparto de 400 trampas para avispas...

O concello de Nigrán retoma o reparto de 400 trampas para avispas velitinas ao rematar a súa hibernación

- Anuncio -spot_img

Os interesados poden pasar pola Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas

Esta adquisición súmase ás 1.200 entregadas os anos anteriores á veciñanza, permitindo diminuír a presenza de niños en todo o municipio

Nigrán, 09/03/21.- O Concello de Nigrán ven de investir 1.600 € na compra de 400 trampas para avispas velutinas co obxectivo de distribuílas entre a veciñanza agora que as raíñas finalizan a hibernación e comezan a construír niños. Os interesados poden pasar pola Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas, onde se lles entregarán dúas trampas e líquido atraínte, ademais de a receita para elaborar caseiramente máis. A maiores desta nova remesa, o Concello entregou nos anos anteriores 1.200 trampas que permitiron diminuír a presenza de velutina na localidade, así, se no 2018 se retiraron 270, no 2019 foron 175 e no 2020 menos de cen.

“Este é o momento de poñer trampas nas árbores froiteiras ou zonas de flores porque xa comezan a saír as raíñas, no verán xa non ten sentido porque están os niños feitos”, explica Alfonso Vázquez, edil de Sanidade e apicultor afeccionado, quen chegou a contabilizar nunha soa primavera 2.000 reinas atrapadas en só unha ducia trampas. “Cada reina é un futuro niño, polo que isto evita milleiros e milleiros”, indica o edil, quen subliña a importancia de colocarse entre marzo e abril. Ademais, aínda que o Concello dispón de líquido atraínte que tamén entrega con cadansúa trampa, Vázquez entrega a receita caseira, consistente en 1 litro de viño tinto, 1 litro de cervexa e 1kg de azúcar e un chorro de vinagre (conservado todo nun bote hermético).

“A tenacidade e voluntariedade de Álfonso Vázquez é a que explica que en Nigrán se estea a controlar e reducir a presenza da avispa asiática, a súa dilixencia fai que cada semana reciba directamente chamadas de veciños que avistaron algún niño ou aos que Seaga nos lles deu solución”, considera Juan González, alcalde de Nigrán.

Publicacións Relacionadas