HomePontevedraPontevedraO Concello pon a disposición do Sergas o Recinto Feiralb para facer...

O Concello pon a disposición do Sergas o Recinto Feiralb para facer unha proba de vacinación masiva este sábado

- Anuncio -spot_img

O Concello de Pontevedra pon a disposición do Sergas o Recinto Feiral para realizar as vacinacións masivas da zona sur da área sanitaria. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores fixo este ofrecemento ao xerente do Sergas nunha das súas múltiples reunións e dada a colaboración que o Concello sempre mantivo coa institución sanitaria dende o inicio da pandemia.

A proba da vacinación “masiva” será este sábado, 13 de marzo, no que está previsto que acudan arredor de 1.700 persoas de entre 50 e 55 anos.
Para unha mellor organización, o Concello prohibirá o estacionamento no aparcadoiro da entrada ao Recinto Feiral, pola rúa Alexandre Bóveda. Segundo a información da que dispón o Concello, o Sergas fará uso do Recinto até o mes de xuño (incluído) para este tipo de vacinacións, no caso de que se faciliten un bo número de vacinas ás autoridades sanitarias.

Publicacións Relacionadas