HomeA CoruñaO Concello de Brión inviste máis de 17.000 euros na renovación do...

O Concello de Brión inviste máis de 17.000 euros na renovación do salvaescaleiras da biblioteca pública municipal

- Anuncio -spot_img

O Concello de Brión vén de renovar o salvaescaleiras da biblioteca pública municipal, unha plataforma instalada esta semana pola empresa Thyssenkrupp Elevadores SLU e que supuxo un investimento de 17.633 euros. O novo salvaescaleiras dará servizo a persoas con mobilidade reducida que desexen acceder ás instalacións da biblioteca e da ludoteca infantil, toda vez que a anterior plataforma instalada a finais do século pasado estaba en desuso, xa que non se atopaban pezas para a súa reparación.

O novo salvaescaleiras ten capacidade para ata 300 quilos e conta con modernos sistemas de seguridade, comezando por un asento con cito de seguridade e funda de protección fronte ás inclemencias do tempo. Así mesmo, conta con sensores anti-impacto e anti-aplastamento, limitador de velocidade e dispositivo de control de carga, para garantir a total seguridade da persoa usuaria.

Publicacións Relacionadas