Trátase dunha intervención integrada no proxecto de mellora de viais municipais.
O Concello de Malpica finalizou as obras de mellora na capa de rodadura no camiño do lugar de Leduzo, na parroquia de Cerqueda, dentro do proxecto de mellora de viais municipais.
Os traballos consistiron na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executáronse as excavacións de gabias en terra. Realizouse un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes.
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, subliña que “coa finalización desta intervención seguimos avanzando na mellora das conexións interparroquiais de Malpica, para incrementar a seguridade viaria e dotar dunhas mellores infraestruturas á veciñanza”, destaca.




