HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu culmina os actos da "Semana da Muller"

O concello de Bueu culmina os actos da “Semana da Muller”

- Anuncio -spot_img

• Debido ás previsións de mal tempo para o sábado, a concellaría de igualdade decidiu adiar a xornada de captación coas integrantes do equipo feminino do Club de Fútbol de Bueu
• Mantense a presentación do libro ‘As fillas da Manola’ de María López Correa, e a proxección do filme ‘En deuda con todas’ a cargo do Cineclub Bueu
O Concello de Bueu culmina a ‘Semana da Muller’ cunha serie de actos programados con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Este venres, 12 de marzo, ás 20.00 horas, a escritora viguesa María López Correa presentará o libro As fillas da Manola, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, para o que se require de inscrición previa a través dun formulario na web municipal. Esta obra fíxose co IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares e nel cóntanse catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas, a través das que a autora realza a importancia da creación dunha rede de apoio feminista.
O sábado, ás 20.00 h, o Cineclub Bueu proxectará o documental ‘En deuda con todas’, que foi elaborado por Agareso co obxectivo de contar as experiencias e a loita do movemento feminista a prol dos dereitos sexuais e reprodutivos en El Salvador. En canto á xornada de captación do equipo feminino do Club de Fútbol de Bueu, que estaba prevista para o sábado pola tarde na Praza Massó, esta adiarase debido á previsión de mal tempo.
Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade e benestar social, destaca o programa deste ano, “no que poñemos de manifesto que a loita feminista debe ser de todas e todos, e que a educación é un dos piares fundamentais para seguir visibilizando as mulleres nos diversos eidos e avanzar como sociedade”. Entre as actividades que se celebraron están a concentración do 8 de marzo, o recibimento ás gañadoras dos V Premios Sofía Novoa pola igualdade da Deputación de Pontevedra, a publicación dun vídeo sobre desigualdades na práctica de fútbol para as mulleres, ou o fallo do XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, entre outras.

Publicacións Relacionadas