HomeA CoruñaA Fundación Galicia Europa clausura o curso de especialización en financiamento comunitario...

A Fundación Galicia Europa clausura o curso de especialización en financiamento comunitario ao que asistiron representantes de medio centenar de entidades locais e deputacións

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, pechou a décimo primeira edición de “TecEuropa”, destinada ás entidades locais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, clausurou a décimo primeira edición de TecEuropa, un programa formativo da Fundación Galicia Europa destinado, nesta ocasión, á formación en financiamento comunitario de técnicos de entidades locais.
Nunha edición que bateu cifras récord de participación, con máis de medio centenar de concellos e deputacións representadas, formáronse ao longo de cinco xornadas técnicos en administración local que abordaron, da man de especialistas comunitarios e de representantes da Comisión Europea, o período financeiro 21-27 e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE” desde unha perspectiva local.
Natalia Prieto, que asistiu á clausura xunto co director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, animou aos asistentes a sacar proveito do aprendido para aplicalo nas entidades locais nun momento de especial importancia no que as Administracións galegas teñen que traballar na recuperación económica producida pola crise sanitaria e rendibilizar as axudas europeas.
Na xornada de clausura, os participantes puideron coñecer aspectos prácticos da posta en marcha dun proxecto europeo, un apartado no que interveu, entre outros, a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, María Luz Macho, e que garda relación co compromiso polo clima adquirido pola Fundación Galicia Europa, que recentemente adheriuse ao Pacto Europeo polo Clima, tal e como explicou a directora da súa oficina en Bruxelas, Ana Ramos.
O curso encádrase dentro das accións levadas a cabo ao longo deste último ano pola Fundación Galicia Europa para explicar á sociedade galega o alcance da resposta á pandemia tendo en conta as accións emprendidas nestes meses pola Unión Europea coa finalidade de minimizar o impacto da crise nos Estados membros.
Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de dez edicións á formación de máis de 250 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que a levou a consolidarse como referencia nesta materia.

Publicacións Relacionadas