A actriz Isabel Risco levará o seu espectáculo “Bravas” a Moeche este domingo. Será a partir das 18.00h. no Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade, e aínda hai localidades dispoñibles, que se poden reservar ata este mediodía no 981 404 006 ou ata mañá sábado enviando un mail a correo@moeche.gal.
“Bravas” encádrase nas actividades do 8M organizadas polo Concello de Moeche. Trátase dunha montaxe na que Isabel Risco fai un percorrido pola historia das mulleres galegas, como xeito de rachar coa súa invisibilidade e o silenciamento.
A obra chega a Moeche a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.




