Integrantes do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Brión participaron esta mañá na excarceración dunha persoa na Escabia (Lousame). Unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo, despois de saírse da vía e caer por un desnivel de 5 metros.
Os integrantes do GES de Brión contaron coa colaboración dos Bombeiros de Boiro. A persoa resultou ferida leve na cabeza e foi trasladada ao Hospital para a súa revisión.




