HomeA CoruñaMañá abrirá o período de preinscrición para o programa presencial ‘Actividade física...

Mañá abrirá o período de preinscrición para o programa presencial ‘Actividade física saudable’

- Anuncio -spot_img

Repartirase en dous bloques de idades: de 18 a 60 anos e para maiores de 60 anos.

Desenvolveranse en grupos de 4 persoas e en todas as parroquias.

O Concello de Camariñas abrirá mañá, martes 9 de marzo, o período de preinscrición para o programa presencial “Actividade Física Saudable” que se repartirá en dous bloques de idades: de 18 a 60 anos e para maiores de 60 anos.

A iniciativa xorde co fin de tentar que todas aquelas persoas que queiran desenvolver actividade física, poidan ter a oportunidade de facelo presencialmente guiadas por un monitor.

As actividades, tendo en conta as restricións marcadas pola autoridade sanitaria, desenvolveranse en grupos de 4 persoas. Este programa está previsto que se poda desenvolver nas parroquias de Camariñas, Camelle, A Ponte do Porto e Xaviña.

O prazo para anotarse rematará o 15 de marzo e os interesados ou interesadas poden facelo por correo electrónico a deportes@camarinas.net ou chamando por teléfono ao 665 134 152, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, indicando o nome e apelidos, a data de nacemento e a parroquia e preferencia de quenda (mañá ou tarde).

Modalidade online

Desde a semana pasada está en marcha a modalidade online do programa “Actividade Física e Saúde”, unha serie de vídeoclases semanais de actividade física, adaptada a diferentes grupos de idades e intensidades.

A actividade repártese en 3 bloques: pilates (para todos e todas), relaxgym (indicada para maiores de 60 anos) e acondicionamento físico (cun punto de intensidade máis elevado).

As clases colgaranse semanalmente no canal de Youtube do Concello de Camariñas.

Publicacións Relacionadas