A cita responde ao compromiso da alcaldesa, Inés Rey, de crear un foro para impulsar o deporte coruñés
Un total de 92 entidades deportivas participarán no primeiro pleno do Consello Municipal do Deporte da cidade. Este encontro supón o cumprimento do compromiso da alcaldesa, Inés Rey, co deporte coruñés, e será a primeira toma de contacto entre as entidades e os distintos organismo que forman parte deste Consello. A cita está prevista para o vindeiro 6 de abril e terá lugar no pavillón de Deportes de Riazor, un espazo amplo co fin de garantir a seguridade sanitaria e favorecer o diálogo.
O Consello está integrado por representantes da decena de entidades sociais ou de carácter asistencial que teñen por obxecto primordial a práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas dentro dos seus programas de terapia, fomento da vida saudable, inclusión, normalización social e igualdade.
Ademais, están no Consello representantes de organismos e institucións públicas, da Unión de Federacións Deportivas Galegas, da Federación de ANPAS da cidade e do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia. Igualmente, este órgano conta cos grupos municipais do pleno do Concello da Coruña.
É de destacar que neste foro están case que todos, por no n decir todos, os deportes que se practican na cidade, como son o Aikido, balonmán, entidades de artes marciais varias, atletismo, baloncesto, esgrima, frisbee, fútbol, fútbol Nota de Prensa americano, fútbol gaélico, fútbol sala, golf, halterofilia, hípica, hockey en liña, hockey sobre patíns, judo, kárate, montañismo, motor, natación, patinaxe artística, pelota, petanca, piragüismo, remo, roller derby, rugby, tenis, tenis de mesa, tiro con arco, tríatlon, vela, voleibol, waterpolo, xadrez, ximnasia artística e ximnasia deportiva.
Neste sentido, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, explica o traballo feito para por en marcha este Consello e os seus obxectivos: “Durante todos estes meses dimos os pasos necesarios para chegar a este momento trascendente: a constitución do primeiro pleno do Consello Municipal do Deporte da Coruña. A partir do 6 de abril a maquinaria porase a funcionar, seguramente coas dúbidas propias dos primeiros momentos, pero coa seguridade de que entre todas e todos podemos construír o que realmente necesitamos: un espazo para debater, estudar, propoñer e traballar para mellorar. Co impulso da nosa alcaldesa Inés Rey, que nos pediu un órgano o máis representativo posible e creo que estamos en disposición de conseguilo, o Consello Municipal do Deporte será o que o deporte coruñés queira que sexa”
Tras a constitución formal do pleno do Consello Municipal do Deporte, informarase aos presentes do período electoral que se abrirá inmediatamente despois para a presentación de candidaturas a vogais da comisión permanente do consello.
Segundo o previsto polo artigo 20 das Normas de Funcionamento do Consello, serán elixidos nunha futura sesión do pleno ata un máximo de 10 vogais. Polo menos seis destes vogais deberán ter a condición de representantes dos clubs deportivos da cidade. “É imprescindible que cada un deses vogais elixidos de entre as entidades represente a unha disciplina deportiva distinta”.
Desta maneira buscase acadar a máxima representatividade das 92 entidades deportivas que, debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesa (REMAC), aceptaron a invitación da alcaldesa para formar parte deste Consello.




