HomeO MorrazoMoañaA Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais domésticas cara...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais domésticas cara á Ría de Vigo no concello de Moaña

- Anuncio -spot_img

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia identificaron este foco nunha inspección rutineira no lugar do Calvar, na parroquia de Domaio

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais domésticas cara á ría de Vigo na parroquia de Domaio, no concello de Moaña.

Este foco foi localizado nunha inspección rutineira levada a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, xunto coa Gardería Fluvial, nunhas instalacións no lugar do Calvar.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nos aseos das instalacións, que vertían sen depuración previa cara á canalización dun regato innominado situado baixo o inmoble.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiriron ao titular das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas a fin de emendar ese aporte.

Augas de Galicia verificou nunha recente inspección o cese dos vertidos na zona, tras proceder o titular á conexión das augas residuais asimilables a urbanas cara á rede de saneamento municipal.

Publicacións Relacionadas