Primeiro proba superada cn moito surf e boas ondas
á Praia de Patos. Despois de case dous anos sen campionato debido á
pandemia a canteira do surf galego demostrou o seu alto nivel nestes dous
días de competición.
A pasada fin de semana celebrouse na Praia Patos (Nigrán) a primeira proba do
Circuito Galego Junior de Surf e bodyboard. Esta era a primeira proba despois de case
dous anos sen competición, a última celebrouse a finais do 2019 e o ano pasado
non se chegou a celebrar ningunha debido á pandemia. Había moitas ganas de surf e
o tempo acompañou con moi boas ondas que roldaron o metro e medio tanto o
sábado como o domingo.
O equipo de Prado Surf Escola fíxose con dous primeiros postos nas categorías de Sub
16 masculino con Sebas Baamonde e Sub 12 con Deigo Vieteis. Ademais en Sub
16 feminino, Mara San Marco e Claudia Perereira conseguiron o 2ou e 3ou posto
respectivamente.
A proba contou co apoio de Aguasana quen fixo entrega de dúas dos
premios, Waira Surf, Só Imprenta, Ozocare, Hi Surf, Gadis, Deleitar, Mercedes
Louzao, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
Toda a competición realizouse baixo unhas estritas normas de seguridade xa que todas
as entidades organizadoras, Federación Galega de Surf, Prado Surf Escola e
o Concello de Nigrán, eran moi conscientes de que con esta primeira proba había que
demostrar que cumprindo os protocolos o surf galego pode volver á
competición.




