HomePontevedraConcello e Universidade activan a construción do skate-park na parcela do campus

Concello e Universidade activan a construción do skate-park na parcela do campus

- Anuncio -spot_img

O alcalde e o reitor reuníronse esta mañá para ir perfilando o convenio no que a Universidade o espazo da Xunqueira para a instalación deportiva, e o Concello elaborará un proxecto para a reurbanización do campus.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o reitor da Universidade de Vigo, Joaquín Reigosa Roger mantiveron esta mañá unha reunión para tratar diversos asuntos pendentes entre o Concello e a institución académica. No encontro tamén estivo o concelleiro de Desenvolvemento Sostive, Iván Puentes, en representación da concelleira Yoya Blanco, responsable de Universidades, que non puido asistir. O tema principal da reunión foi a próxima sinatura dun convenio entre ambas institucións para a construción do skate-park do Concello e da reurbanización do campos de Xunqueira para estender o modelo da cidade. Este borrador de convenio xa o está a estudar departamento xurídico do Concello. Ao respecto das obrigas da Universidade consistirían na cesión dunha parcela duns 2.100 metros cadrados para instalar o skate-park da cidade. Esta cesión sería a través dunha concesión demanial de 15 anos coa posibilidade dunha prórraga até o máximo das concesións. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra tería a obriga de elaborar un proxecto para a reurbanización dos espazos de mobilidade do campus (beirarrúas, calzadas…), xa que dispón de técnicos moi cualificados nestes actuacións. O novo skate-park A construción do skate-park terá un custe de 568.453,15 euros. No seu deseño óptase por unha combinación de dous skate-prazas enlazadas por un espazo elevado intermedio xerador de velocidade no percorrido. Desta maneira o skatepark pode funcionar como un único elemento de gran percorrido así como dúas prazas con percorridos internos. As dúas skate-prazas presentan diferenzas tamén en canto á presencia de elementos. Mentres que a praza norte mantén obstáculos de maior dificultade, a praza sur acolle obstáculos máis elementais que permiten a iniciación no deporte. Sitúanse en paralelo á zona de paseo que atravesa a parcela. Os antigos camiños convértense en patinables, aptos para o skate tipo street. Este percorrido, dotará de maior dinamismo e variedade de niveis de práctica ao equipamento. O bloque de granito é o elemento xerador do deseño global. Delimita a pista de skate xeando asento o freo para os patíns e integra o parque coa urbanización da contorna e o paisaxismo. Levaráse a cabo o tallado do noiro existente mediante a colocación destas pezas de granito a modo de bancadas, nunha pendente moito máis suave. Proponse desdebuxar o corte vertical mediante a aparición destas liñas pétras diseminadas entre o céspede. Esta bancada será un espazo de estancia vinculado ao uso do skatepark, utilizada no día a día, así como na celebración de competicións e torneos nos que non sexa necesaria a instalación de bancadas de estrutura tubular. Descrición técnica do skatepark: • Praza norte: Maior dificultade. Mini- ramp de aceleración seguido de set de escaleiras, ramplas e eurogap con varandas en baixada e hubbas rectos e en baixada. Na parte central sitúase un conxunto de hip, bank to bank central e varandas. No extremo sur desta praza sitúase un dobre quarter con rolling central que permite recuperar velocidade e cambiar de sentido ou continuar e realizar o percorrido completo cara á outra Praza. • Praza sur: Iniciación e dificultade media. Rampla con hubbas aos lados en baixada e varanda central en baixada. Parte intermedia con caixón, ledges, unha varanda baixa e unha media pirámide. Punto de retorno a continuación mediante quarter- pipe ou baixada a bowl. • Bowl. Elemento tipo piscina, encadeado con quarter- pipe. Xeometría definida por encaixe en ángulo de dúas piscinas semi-rectangulares con fondo variable. Intersección con spine. Encontro con superficie plana mediante cooping, perfil tubular metálico que evita o desgaste do vértice ao realizar trucos nel. Grao de Deseño e Benito Corbal Ademais do skate-park, na reunión tamén abordaron outros temas como a situación do próximo grao de Deseño, no que o Concello e a Universidade van da man, e neste momento está pendente da decisión da Xunta de Galicia. Tamén abordaron a situación das tres plantas que a Universidade de Vigo ten no edificio administrativo de Benito Corbal (antiga Xunta), unha das peticións que o Concello fixera para a rehabilitación deste inmoble.

Publicacións Relacionadas